A PRIMEIRA CORAL

AGRUPACIÓN POLIFÓNICA DE EDUCACIÓN E DESCANSO DE CALDAS DE REIS

A primeira Coral nace milagrosamente  a pouco de terminar a Guerra Civil. Don Ramón Legerén consigue formar unha Coral a través da cal interpretar as obras corais dos grandes da música.

Foi o seu primeiro director Don Paulino Castro ao que sígueo o gran Hipólito de Sa. A primeira interpretación foi no ano 40 con motivo da misa do Sagrado Corazón de Xesús.

Despois e durante case una década pasearon as voces disciplinadas  por moitas igrexas e teatros de Galicia.

En Caldas actuaron como un axente cultural de primeiro orde coa creación de grupos de baile e a posta en escena de obras de teatro.

Entra as moitas actuacións, destacamos a celebrada o 31 de xaneiro de 1948 no teatro Tamberlick da cidade de Vigo en honor ao patrón da "Hermandad de Caballeros de Don Bosco". Nas seguintes fotos podedes acceder ao programa deste evento

 

Portada            Programa              Notas ao programa              Notas a o programa 2



O 18 de abril de 1948 ofreceron o último concerto na Catedral de Santiago de Compostela, onde interpretaron obras de Baldasare Gallupi, Tomás Luis de Victoria y Andrea Gabrieli, pouco despois as súas voces difundíronse  a través das ondas de Radio Galicia, e, horas máis tarde actuaron na praza da Quintana.

Era o final do máis importante proxecto cultural, daquela época, de Caldas de Reis

 

Tlfnos.:-- 607 46 99 42 -- 675 51 04 76                          Coral Polifónica de Caldas de Reis ©2013 - Todos os dereitos reservados                                    Correo electrónico: coralcaldas@gmail.com