EVENTOS
A Coral Polifónica de Caldas de Reis, dende a súa fundación no ano 1996, ven celebrando unha serie de eventos músico-culturais, entre os que destacamos os seguintes:

 
Concerto Homenaxe a D. Hipólito de Sa Bravo: Ofrecemos un recital en honor de D. Hipólito de Sa Bravo, persoa de vital importancia na traxectoria da nosa coral, con motivo do seu nomeamento como director honorífico da Coral Caldense
 
Cursiños de Canto: A coral organizou uns cursiños sobre as técnicas de canto, impartidos por persoal de coral e prestixiosos profesores, nos que se dan nocións de solfeo, modulación de voz, forma de respirar...etc
 
Concertos de Nadal: Esta actividade está presente todos os anos na nosa axenda de actuacións, posto que unhas datas tan sinaladas e tradicionais non se deben pasar por alto.
 
Concertos de San Roque: No mes de agosto a vila de Caldas vístese de luces para acoller ás festas patronais, San Roque, e nós tamén participamos nelas, ademais coincide que nesas datas regresan á vila numerosos caldenses na diáspora polo que consideramos que son días de grande ledicia.
 
Concerto das Letras Galegas: Co gallo da celebración, o 17 de maio, do día das letras galegas, celebramos un concerto especial, sumándonos así á conmemoración deste día.
 
Semán Cultura Quente: O concello de Caldas organiza unha semán cultural, e a nosa coral participa nela.
 
Certame de panxoliñas Caixavigo: Todos os anos polo Nadal a cidade de Vigo celebra un concerto de panxoliñas e a Coral Polifónica participa no certame, sempre que os nosos compromisos nolo permitan.
 
Concerto Galicia Cantat: Co motivo do Xacobeo 99 a coral foi anfitriona dun certame de altísima calidade no que tamen participaron a Coral de Ponteareas e a Coral de "A Capela" da Coruña.
 
Concerto do Renacemento: Trátase dun certame rotativo que se fai a través de FECOGA e no que compartimos escenario co "Coro Clásico de Vigo"
 

 

Tlfnos.:-- 607 46 99 42 -- 675 51 04 76                          Coral Polifónica de Caldas de Reis ©2013 - Todos os dereitos reservados                                    Correo electrónico: coralcaldas@gmail.com